Recorrendo Croacia
- canidoupcycling
- 29 oct 2021
- 1 Min. de lectura
Onte, xoves 28 de outubro, os nosos compañeiros e compañeiras pasaron a mañá facendo diferentes proxectos e actividades na escola. Foron moi creativos e fixeron todo o posible para que os seus proxectos quedaran fermosos.




Tamén aproveitaron o dÃa e deron un paseo pola cidade vella, viron pazos... Tiveron a sorte de coñecer a KRAVATA (Zagreb) unha tenda emblemática desta cidade.

Pola tarde xogaron un partido de fútbol co alumnado do IES Catabois. Pasárono xenial!

Hoxe viaxaron ao Parque Natural dos Lagos de Plitvice. A viaxe de ida levou 2 horas. Foi un longo camiño pero mereceu a pena porque o parque era precioso.




Comeron nun restaurante preto do parque.O camiño de volta tamén foi longo, pero os nosos compañeiros estaban felices de ver este marabilloso paraÃso natural.