Exterior da escola de Zagreb, nun día soleado e frío.
Participantes de todos os países estiveron pintando unha parede con motivos relacionados coa reciclaxe e máis coa súa cidade de orixe.
Tamén estiveron dando un paseo dende o colexio ata o parque, para aprender a valorar a natureza que nos rodea, incluso nos espazos urbanos.
No parque estiveron xunto aos participantes doutros países e puideron observar o Carballo máis antigo de Zagreb, cumpre 600 anos!!
Tamén se cruzaron co estadio Dinamo Zagreb.
Hoxe madrugaron para ir de compras ao centro da cidade antes de unirse aos demais grupos de intercambio Erasmus+.
Puideron ver o mercado local e a catedral da cidade.
Despois, foron ao zoo, onde viron moitos animais e estiveron preparando comida e dándolles de comer. Aprenderon a esconder a súa comida entre o palleiro e a madeira para que os animaliños non se aburrisen. Foi todo moi divertido e interesante!!
Un dÃa impresionante e inesquecible!