top of page
logo erasmus.jpg

Que é un Erasmus +?

Erasmus+ é un programa europeo que ten como obxectivo cubrir as necesidades de ensino e aprendizaxe de todos os participantes, neste caso, da educación secundaria obrigatoria.

Este programa conta con diferentes intercambios que ofrecen á mocidade, de distintos países, a posibilidade de coñecer mellor as súas respectivas culturas, contribuíndo tamén a mellorar as capacidades educativas do alumnado e así mellorar as habilidades persoais, habilidades sociais e profesionais do alumnado.

En que se basea este Erasmus +?

Este Erasmus, en concreto, está formado por centros educativos de distintos países; España, Croacia, Grecia, Polonia e Turquía, pero xa leva 1 ano en funcionamento, aínda así puidemos participar nos seguintes cursos escolares que quedan.

Os Erasmus+ divídense en diferentes partes, pero principalmente os estudantes deben desenvolver proxectos segundo a temática propia do Erasmus e viaxar aos respectivos países que compoñen o proxecto para compartir a súa evolución e coñecer a cultura do lugar ao que viaxou, respectivamente.

Este proxecto chámase Upcycling lives e baséase, fundamentalmente, en darlle unha nova vida a aqueles obxectos que tes na casa que vas tirar ou que xa non vas utilizar. Por iso, podemos dicir que o lema deste Erasmus+ é "Give a second live to your waste" , unha mensaxe que nos chamou a atención dende o principio.

Eses encantadores estraños europeos.

DSC_0963.JPG

Quen serán eses novos amigos europeos que coñeceremos ao longo do noso proxecto? Foi o primeiro que nos preguntamos cando recibimos a noticia da nosa participación. Agora sabemos que son escolas de seis países diferentes: Polonia, Croacia, Grecia, Turquía, Portugal e España.

No noso blog amosarase o traballo desenvolvido (xunto co noso) no proxecto Erasmus+ KA229 denominado "Upcycling: A Project from Bottom to Top" e formado por estes seis centros que vos presentamos na columna da dereita xunto ao noso.

bottom of page