top of page
PT42.jpg
LOGO PROYECTO PARA INSERTAR.png

Erasmus + Upcycling

Erasmus + IES Canido

Give a second life to your waste

Benvido ao noso blog! 

Somos un grupo de estudantes do IES Canido que este ano participamos no Erasmus + Upcycling lives,  un proxecto europeo, que este ano se basea en darlle nova vida a obxectos que xa non usamos.

Neste blog queremos mostrarvos o noso día a día, os nosos proxectos, viaxes..., e todas as actividades relacionadas con esta experiencia.

Estamos encantados de poder compartilo con todos vós.

Estades listos?

Acerca de nos

nuri dia a dia.jpg

Ola

Somos un grupo de alumnos de 4º da ESO do IES Canido de Ferrol.

Este curso 2021/2022, grazas á nosa profesora de inglés, tivemos a oportunidade de participar por primeira vez nun Erasmus+, unha experiencia que moitos quixemos vivir.

  • Instagram

Por que decidimos apuntarnos nun Erasmus +?

Cada un de nós apuntouse a este proxecto por diferentes motivos, pero poderiamos dicir que a idea de poder vivir unha experiencia internacional deunos o empuxonciño definitivo. Cousas como ter a oportunidade de coñecer novas culturas, mostrar como é a nosa ou aprender idiomas, son oportunidades que a maioría de nós non queremos perder.

Pero non só tivemos en conta isto. O Eramus + no que estamos (Upcycling lives) baséase en darlle unha nova vida a obxectos que xa non usamos tanto, transformándoos en cousas diferentes, útiles noutros ámbitos da nosa vida. Esta é unha forma de non ter esa necesidade de estar tirando e comprando continuamente, e para nós é moi importante dar visibilidade a accións coma esta. Que queremos dicir con isto? Que este xesto levounos a moitos a apuntarnos a este proxecto.

erasmus.png
recicla.jpg

Queres saber máis de nós? Visita as nosas páxinas máis actualizadas.

nuri dia a dia.jpg
nuri proywctos.jpg
nuri viajess.jfif
nuri dia a dia.jpg
Subscríbete para non perderte nada!

Grazas por subscribirte!

bottom of page