top of page
Todos xuntos.
Tamén aproveitaron o día e deron un paseo pola cidade vella, viron pazos... Tiveron a sorte de visitar KRAVATA (Zagreb), unha tenda emblemática desta cidade.
Ao pór do sol xogaron un partido de fútbol co alumnado do IES Catabois. Pasárono xenial!
Hoxe viaxaron ao Parque Nacional dos Lagos de Plitvice (Patrimonio da Humanidade da UNESCO). A viaxe de ida levou 2 horas. Foi un longo camiño pero mereceu a pena porque o parque era precioso.
O camiño de volta tamén foi longo, pero os nosos compañeiros estaban contentos de ver este marabilloso paraíso natural.
bottom of page