Agrupamento de Escolas de Pedome
- canidoupcycling
- Apr 5, 2022
- 1 min read
Updated: Aug 23, 2022
O penúltimo centro, o Agrupamento de Escolas de Pedome, tamén é case o noso veciño, mais un pouco máis afastado, na freguesía de Pedome, Portugal, perto de Guimarães. Estivemos alí fai moi pouco, na terceira semana de marzo. Investigamos o metal e o seu impacto no medio ambiente a través de actividades moi variadas, asistimos a un taller relacionado co "upcycling" e visitamos "Fibrenamics" para investigar varias maneiras de producir novos materiais partindo de residuos de distintos tipos de lixo, como por exemplo, tallos de cigarros. Tamén gozamos da nosa participación nos distintos tipos de talleres que se organizaron e, como recompensa, trouxemos os souvenirs creados por nos de volta a casa...
UMinho – Fibrenamics em colaboração com AE Pedome – Upcycling
No seguinte link podedes ver a presentación do centro portugués sobre a visita á Universidade do Miño e á empresa Fibrenamics que traballa transformando residuos variados en novos materiais.
Comentarios