Cara a un estilo de vida de residuos cero: Aravella Salonikidou
Neste apartado incluímos este pequeno artigo que, aínda que non é precisamente unha unidade didáctica, presenta contidos moi interesantes que poden transformarse nunha unidade ben estruturada no futuro. Os participantes no proxecto realizaron unha entrevista a Aravella Salonikidou, responsable xunto con outras persoas do proxecto 11:11 COSMUS DIY, no patio da súa asociación, onde nos recibiron coa enorme amabilidade que caracteriza ao pobo grego.
Aravella (xa mencionada nun artigo máis grande da sección "Viaxes") é unha muller que comezou a súa carreira como deseñadora de moda, sempre coa idea do respecto polo medio ambiente. Na serie de 5 vídeos que vos presentamos, poderedes descubrir cales son as súas ideas respecto diso e como pouco a pouco foi evolucionando cara a unha vida na que intenta contaminar o planeta coa menor cantidade de residuos posible. Dun xeito ameno e informal, introdúcenos este concepto e dános pequenas pistas sobre como podemos avanzar cara a este modelo de vida.
O seu consello é que este cambio se faga gradualmente, paso a paso, xa que implica moitas modificacións nos nosos hábitos de vida que, acometidas todas ao mesmo tempo, poden levar ao fracaso. A técnica ideal consiste en fixarse pequenos obxectivos para un mesmo e conseguilos para, despois, emprender outros novos e ir ampliando o campo aos poucos.
Poñeremos en práctica algunhas das cousas que aprendemos e esperamos que os que vos guste ver os vídeos tamén o fagades.
Xuntos podemos conseguir un mundo mellor!
A era do plástico.
O colexio grego co que estamos a traballar: 24 DIMOTIKO SCHOLIO THESSALONIKIS, elaborou unha interesante unidade didáctica que nos mostra o prexudicial que pode ser este material para o medio ambiente e nos anima a non utilizar o plástico.
Descubre este material a través da presentación.
O Vidro: un material con moitas vidas.
A través desta unidade didáctica creada no IES de Catabois, co que colaboramos, pretendemos explicar os procesos que se seguen á hora de crear produtos de vidro e como se poden reciclar despois do seu uso. Tamén prestamos atención ao seu impacto no medio ambiente. !Agardamos que vos guste e que aprendades moito!
Fai clic na ligazón para ver.