top of page

Recorrendo Croacia

  • canidoupcycling
  • Oct 29, 2021
  • 1 min read

Onte, xoves 28 de outubro, os nosos compañeiros e compañeiras pasaron a mañá facendo diferentes proxectos e actividades na escola. Foron moi creativos e fixeron todo o posible para que os seus proxectos quedaran fermosos.




Todos xuntos

Tamén aproveitaron o día e deron un paseo pola cidade vella, viron pazos... Tiveron a sorte de coñecer a KRAVATA (Zagreb) unha tenda emblemática desta cidade.

Pola tarde xogaron un partido de fútbol co alumnado do IES Catabois. Pasárono xenial!



Hoxe viaxaron ao Parque Natural dos Lagos de Plitvice. A viaxe de ida levou 2 horas. Foi un longo camiño pero mereceu a pena porque o parque era precioso.




Comeron nun restaurante preto do parque.O camiño de volta tamén foi longo, pero os nosos compañeiros estaban felices de ver este marabilloso paraíso natural.

Comments


Sobre nós
nuri dia a dia.jpg

Somos un grupo de alumnos de 4º da ESO do IES Canido de Ferrol.

Este curso 2021/2022, grazas á nosa profesora de inglés, tivemos a oportunidade de participar por primeira vez nun Erasmus+, unha experiencia...

Subscríbete para non perderte nada

Grazas por subscribirte!

  • Instagram
bottom of page